Albariño

Terra de Asorei

Queremos dialogar cos grandes viños do mundo, co noso Terra de Asorei, un albariño auténtico e honesto. O logo de Terra de Asorei é un poema simbólico de seis “A”: A Adega, Albariño, Auténtico, Arte Atlántica con Amor.


Asorei

Asorei elabórase con uva albariña 100% do Val do Salnés, procedente maioritariamente de pequenas plantacións de Cambados.

En Cambados, capital do Albariño, e do Salnés, non soamente se comezou a cultivar as cepas de albariño, senón tamén a catar, vender e comercializar este viño a partir de 1953. O albariño Asorei mantén esta fidelidade á tradición, o saber facer e apreciar a riqueza da uva albariña feita viño.

Seguindo a tradición adegueira e de cata de Cambados e do Val do Salnés, nas Rías Baixas, creamos este albariño, afroitado, saboroso e agradable ao padal do Concello de Cambados.

12,00€
Ver información    Comprar

Terra de Asorei

Terra de Asorei elabórase con uva albariña 100% do Val do Salnés e durante 6 meses sobre as súas propias lías. Nos traballamos os viñedos coma o escultor traballa a pedra, talando con cinceladas de experiencia, ciencia, alma e humanidade para acadar arte feita viño: Terra de Asorei. Cambados, capital do Albariño, é terra de grandes escultores que levaron a pedra e a madeira galega a formar parte do diálogo universal da arte, coma nós queremos presentar a autenticidade do albariño Terra de Asorei para entrar en diálogo cos grandes viños do mundo.

14,00€
Ver información    Comprar

Terra de Asorei Selección Privada

As características da uva albariña do Val do Salnés permitiunos acadar ese equilibrio elegante e complexidade en boca, partindo dunha boa acidez, do traballo de battonage e do contacto coas súas lías durante 12 meses. Despois dun repouso en botella, sae ó mercado con 6.666 botellas numeradas.

O albariño Terra de Asorei Selección Privada simboliza a irmandade familiar da nosa adega, a súa tradición e innovación que nos vai permitir gozar dunha experiencia chea de matices organolépticos.

17,00€
Ver información    Comprar

Terra de Asorei Barrica

Terra de Asorei Barrica elabórase a partir das uvas de pequenas fincas ubicadas no Val do Salnés, Galicia, que grazas a un coidado personalizado reflexa o carácter varietal do albariño, que complementamos cuns matices elegantes de madeira. Con máis coñecemento, selección e coidado recuperamos a tradición de elaborar albariño en barrica de madeira cunha crianza de 6 meses en barricas de carballo, como se facía historicamente nas nosas pequenas adegas no Val do Salnés ata 1980. Terra de Asorei Barrica é unha elaboración especial cunha edición limitada de menos de 2.667 botellas.

19,00€
Ver información    Comprar

Espadeiro Terra de Asorei

O espadeiro é unha das uvas senlleiras de Galicia. Adegas Terra de Asorei aposta pola recuperación desta cepa tradicional do Val do Salnés. Cunha produción limitada de 2.533 botellas da colleita 2021 e cepas de mais de 50 anos en Cambados e Padrenda-Meaño.

É o viño tinto do país, “a sangue do corazón da nosa terra”, como dicía o poeta Ramón Cabanillas no seu poema de 1.917 “Diante dunha cunca de viño espadeiro”, que o identificaba como “viño Celta e propio da alma galega”.

Dende o século XVIII o espadeiro foi a variedade de referencia no Val do Salnés, gozaba de calidade e prestixio, e de gran sona e ascendencia no mundo campesiño, científico e gastronómico. Sen grandes cantidades, había mais espadeiro que albariño. Mais a partir de 1.960 entrou en decadencia pola súa baixa produción e dificultade no seu coidado e elaboración.

Dende Terra de Asorei mostramos o noso compromiso coa diversidade vitivinícola e lealdade á tradición recuperando un dos grandes viños galegos. É unha aposta pola modernización, aplicando os novos coñecementos e técnicas de vinificación do Século XXI, para elaborar un auténtico e elegante espadeiro.

19,00€
Ver información    Comprar

Brut Terra de Asorei

O Brut Terra de Asorei é a explosión elegante das burbullas da uva albariña. Nel podemos recoñecer unha elaboración 100% con uva albariña do Val do Salnés das Rías Baixas e cun tempo de rima nas súas lías duns 18 meses. É a nosa brincadeira aposta dende Galicia por un escumoso de calidade, que segue o tradicional método champenoise. A calidade, o zume e acidez das primeiras uvas albariñas da colleita son a base deste brut que agarda ser descuberto.

22,00€
Ver información    Comprar

Brut Nature Terra de Asorei

O Brut Nature Terra de Asorei representa a fidelidade á uva albariña, mediante pequenas burbullas que expresan a autenticidade e frescor do albariño. Con este escumoso de uva 100% albariña do Val do Salnés das Rías Baixas, obtemos durante uns 24 meses en rima nas súas lías, a máxima expresión dun escumoso de albariño. Brut Nature Terra Asorei é un escumoso de calidade, procedente das primeiras uvas albariñas obtidas da colleita e seguindo o método de elaboración tradicional champenoise. A calidade e a fidelidade á uva albariña do noso Nature sorprenderán a aqueles padais ávidos por descubrir novas experiencias vinícolas.

23,00€
Ver información    Comprar


O logo de Terra de Asorei é un poema simbólico, constituído por seis “A”
Por iniciativa de Xosé Ramón Durán – Roque, Presidente e Conselleiro Delegado de Adegas Terra de Asorei, esta irmandade familiar de adegueiros do Salnés constituíuse en 2008 dando lugar a esta adega, na que hoxe están representados as seis familias no Consello de Administración da empresa.
O obxectivo é elaborar albariños auténticos de calidade e manterse como empresa familiar, aportando o noso saber dende Galicia, seguindo a liña de tradición europea dos viños fieis á terra onde se cultivan as cepas, mais adaptándose como empresa a un mundo aberto e en constante transformación.

VAL DO SALNÉS

A Nosa Adega

Adegas Terra de Asorei está equipada coa última innovación en tecnoloxía e conta cunha capacidade inicial de elaboración dunhas 400.000 botellas ó ano. Nas nosas 60 hectáreas de viñedos no Val do Salnés, na Denominación de Orixe Rías Baixas en Galicia, cunha idade de 80 a 20 anos, cultivamos uva albariña con experiencia, ciencia e humanidade.

Dispoñer dos nosos propios viñedos significa que podemos controlar a Calidade do noso albariño dende a orixe: a terra, as cepas e as uvas, ata o seu coidado durante todo o ano, a elaboración na nosa adega, ata a súa comercialización.

Todo este proceso é xestionado con un software especializado para o seguimento da trazabilidade, o cal nos permite crear as nosas tres liñas de albariño: Terra de Asorei, Nai e 1953 Pazo Torrado.

Hoxe os nosos albariños están presentes dende EEUU (Florida, California, Nova York, Chicago…), Xapón, Inglaterra, Holanda, Bélxica, Irlanda, Alemaña, Escocia, Noruega, Suecia, Rusia, Brasil...