Sobre nós

Coñece a nosa historia


Somos unha adega familiar de Galicia con 60 hectáreas de viñedos de albariño no Val do Salnés, nas Rías Baixas. Cultivamos uva albariña con experiencia, ciencia e humanidade.

Somos unha pequena adega familiar que apostamos pola calidade, sostenibilidade e internacionalización. Temos capacidade para elaborar 400.000 botellas de albariño. Buscamos o recoñecemento internacional. Hoxe, os albariños de Adegas Terra de Asorei xa están en máis de 18 países.

O logo de Terra de Asorei é un poema simbólico, constituído por seis “A” que evocan a seis familias do Val do Salnés cunha longa tradición adegueira e vinícola, que se remonta ó ano 1953, cando comezou a celebrarse a Festa do Albariño en Cambados.

Seis “A” que simbolizan a afouteza da nosa irmandade adegueira:
Adega, Albariño, Auténtico, Arte Atlántica con Amor.

Arte Atlántica

Os nosos viños

Variedade e Calidade