Asorei

  • Tipo de viño

    Viño branco xove
  • Variedades

    100% Albariño
  • Denominación de orixe

    Rías Baixas do Val do Salnés

10,00

Albariño tradicional do Val do Salnés, afroitado e agradable no padal.

Descrición do viño

Asorei elabórase con uva albariña 100% do Val do Salnés, procedente maioritariamente de pequenas plantacións de Cambados.

En Cambados, capital do Albariño, e do Salnés, non soamente se comezou a cultivar as cepas de albariño, senón tamén a catar, vender e comercializar este viño a partir de 1953. O albariño Asorei mantén esta fidelidade á tradición, o saber facer e apreciar a riqueza da uva albariña feita viño.

Seguindo a tradición adegueira e de cata de Cambados e do Val do Salnés, nas Rías Baixas, creamos este albariño, afroitado, saboroso e agradable ao padal do Concello de Cambados.

Nota de cata

  • Fase Visual

    Preciosa cor amarela paxiza-limón, limpo e brillante.

  • Fase Olfativa

    Destacan os aromas de froita de oso. É un viño fresco, vivo e elegante.

  • Fase Gustativa

    Bo equilibrio entre acidez e alcohol. Cun final a mazá verde e de froitas de oso e boa acidez.

Pedidos

Mínimo de 6 botellas

Envío

Gastos incluidos na península

Entrega

Máximo 5 días laborables

¿Tes dubidas?

Para calquer dúbida ou consulta envía un email a info@terradeasorei.com. Tamén podes chamarnos ao 986 680 868 de luns a xoves de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas ou venres de 10.00 a 13.00 horas