Terra de Asorei Selección Privada

  • Tipo de viño

    Viño branco con 12 meses de crianza en lías
  • Variedades

    100% Albariño
  • Denominación de orixe

    Rías Baixas do Val do Salnés

17,00

Albariño con crianza nas súas lías finas de 12 meses, con intensidade aromática e evolución positiva en botella. Edición limitada de 6.666 botellas.

Descrición do viño

As características da uva albariña do Val do Salnés permitiunos acadar ese equilibrio elegante e complexidade en boca, partindo dunha boa acidez, do traballo de battonage e do contacto coas súas lías durante 12 meses. Despois dun repouso en botella, sae ó mercado con 6.666 botellas numeradas.

O albariño Terra de Asorei Selección Privada simboliza a irmandade familiar da nosa adega, a súa tradición e innovación que nos vai permitir gozar dunha experiencia chea de matices organolépticos.

Nota de cata

  • Fase Visual

    Cor amarela paxiza con tonalidade intensa e suaves cores dourados.

  • Fase Olfativa

    De intensidade alta, herbas aromáticas, balsámicos, froitas maduras de oso (albaricoque, níspero), con recordos de crianza sobre lías (suaves tostados, mazapán, bizcoito) e final salino.

  • Fase Gustativa

    En boca é fresco, graso, untuoso, con moito volume, cítricos maduros e notas cremosas, longo, equilibrado e mineral.

Premios

Medalla de Ouro, Mundus Vini 2022
93Guía Peñín 2022
93Guía Peñín 2020 (España)
Acio de Ouro, Cata dos Viños de Galicia 2020

Pedidos

Mínimo de 6 botellas

Envío

Gastos incluidos na península

Entrega

Máximo 5 días laborables

¿Tes dubidas?

Para calquer dúbida ou consulta envía un email a info@terradeasorei.com. Tamén podes chamarnos ao 986 680 868 de luns a xoves de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas ou venres de 10.00 a 13.00 horas