Espadeiro Terra de Asorei

  • Tipo de viño

    Viño tinto xove
  • Variedades

    100% Espadeiro
  • Denominación de orixe

    Rías Baixas (Galicia)

18,00

Espadeiro armónico con corpo e elegante recordo final. Edición limitada e numerada de 1.800 botellas.

Descrición do viño

O espadeiro é unha das uvas senlleiras de Galicia. Adegas Terra de Asorei aposta pola recuperación desta cepa tradicional do Val do Salnés. Cunha produción limitada de 1.800 botellas da colleita 2020 e cepas de mais de 50 anos en Cambados e Padrenda-Meaño.

É o viño tinto do país, “a sangue do corazón da nosa terra”, como dicía o poeta Ramón Cabanillas no seu poema de 1.917 “Diante dunha cunca de viño espadeiro”, que o identificaba como “viño Celta e propio da alma galega”.

Dende o século XVIII o espadeiro foi a variedade de referencia no Val do Salnés, gozaba de calidade e prestixio, e de gran sona e ascendencia no mundo campesiño, científico e gastronómico. Sen grandes cantidades, había mais espadeiro que albariño. Mais a partir de 1.960 entrou en decadencia pola súa baixa produción e dificultade no seu coidado e elaboración.

Dende Terra de Asorei mostramos o noso compromiso coa diversidade vitivinícola e lealdade á tradición recuperando un dos grandes viños galegos. É unha aposta pola modernización, aplicando os novos coñecementos e técnicas de vinificación do Século XXI, para elaborar un auténtico e elegante espadeiro.

Nota de cata

  • Fase Visual

    Presenta unha cor vermella granate con ribete violáceo de capa media.

  • Fase Olfativa

    Ten unha alta intensidade destacando os froitos vermellos (Amorodo, frambuesa, mora) e lixeiras notas lácteas (Maloláctica) e avainilladas.

  • Fase Gustativa

    Entrada suave cunha acidez moi integrada co alcohol dando como resultado un viño armónico con longo postgusto, ten corpo e suavidade con un elegante recordo final.

Pedidos

Mínimo de 6 botellas

Envío

Gastos incluidos na península

Entrega

Máximo 5 días laborables

¿Tes dubidas?

Para calquer dúbida ou consulta envía un email a info@terradeasorei.com. Tamén podes chamarnos ao 986 680 868 de luns a xoves de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas ou venres de 10.00 a 13.00 horas