19,00€
Terra de Asorei Barrica elabórase a partir das uvas de pequenas fincas ubicadas no Val do Salnés, Galicia, que grazas a un coidado personalizado reflexa o carácter varietal do albariño, que complementamos cuns matices elegantes de madeira.
Con máis coñecemento, selección e coidado recuperamos a tradición de elaborar albariño en barrica de madeira cunha crianza de 6 meses en barricas de carballo, como se facía historicamente nas nosas pequenas adegas no Val do Salnés ata 1980.
Terra de Asorei Barrica é unha elaboración especial cunha edición limitada de menos de 3.000 botellas.
Capa media de cor amarelo limón.
intensidade media alta, donde destacan as notas de barrica nova sen perder o carácter varietal do albariño. Fondo de froitas cítricas.
Envolvente, glicérico cunha acidez moi bien integrada donde volven a sair as notas de madeira en retronasal.