Brut Nai e Señora

  • Tipo de viño

    Escumoso branco Brut
  • Variedades

    100% Albariño
  • Denominación de orixe

    Rías Baixas do Val do Salnés

16,00

Escumoso de Calidade seguindo o método champenoise. Burbulla fina e elegante e con notas minerais.

Descrición do viño

Buscamos unha experiencia diferente, mesturando unha das mellores uvas do mundo, a uva albariña do Val do Salnés, cunha das mellores formas de elaborar un escumoso de calidade, o método champenoise. Froito desta mestura nace a elegante burbulla de Brut Nai, despois de estar a botella uns 12 a 15 meses en rima, facendo tranquilamente a súa segunda fermentación. É unha invitación para que descubran a complexidade que pode ter a uva albariña en nariz cun bo equilibrio de azucre e acidez en boca. Vestimos de gala este escumoso Nai para transmitir a elegancia das súas burbullas, para eses intres nos que un se sente en harmonía e goza de compartilo.

Nota de cata

  • Fase Visual

    Tamaño de burbulla pequena e persistente. Cor amarela palleira con reflexos verdosos.

  • Fase Olfativa

    Destacan as notas varietais do albariño do Val do Salnés co recordo de notas de repostaría que lle aporta o tempo de rima. Intensidade media.

  • Fase Gustativa

    Moi bo equilibrio azucre-acidez que fai que sexa envolvente en boca con un posgusto longo.

Pedidos

Mínimo de 6 botellas

Envío

Gastos incluidos na península

Entrega

Máximo 5 días laborables

¿Tes dubidas?

Para calquer dúbida ou consulta envía un email a info@terradeasorei.com. Tamén podes chamarnos ao 986 680 868 de luns a xoves de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas ou venres de 10.00 a 13.00 horas