Colección Nai e Señora

  • Tipo de viño

    Viño branco de garda
  • Variedades

    100% Albariño
  • Denominación de orixe

    Rías Baixas do Val do Salnés

14,75

Viño albariño criado en barrica de carballo buscando a complexidade e a integración da madeira coa froita tanto en nariz como na boca, a súa acidez compensada co alcohol apórtanlle en boca unha viveza e unha frescura que perdura no tempo. Edición limitada e numerada de 3.000 botellas.

Descrición do viño

Viño seleccionado polas súas características para a súa crianza. Previo paso por barrica de carballo (3 meses) para que gañe complexidade, dando lugar a un viño de garda que mantén a fidelidade ás características varietais da uva albariña do Val do Salnés. Con Colección Nai buscamos outras sensibilidades. A súa complexidade fai que evolucione dunha forma moi natural e elegante durante 5 anos. É un albariño de Colección cunha colleita limitada de 3.000 botellas, que saen todas numeradas. Permite unha cata máis ampla. Recomendamos a súa degustación con pausa ao redor dunha mesa, para dialogar do que supón a mestura da uva albariña coa madeira de carballo. Na súa elaboración aplicamos técnicas enolóxicas actuais en combinación coa tradición da barrica de carballo. Seguimos a pegada dos grandes albariños que facíamos nos nosas pequenas adegas familiares, cando o albariño non se comercializaba, pero se gardaba para as grandes celebracións da familia. Agora queremos que este viño salga da casa envolto en “panos de ouro” para gozar nunha celebración que vostede considere especial.

Nota de cata

  • Fase Visual

    Brillante, limpo e de cor amarelo palleiro.

  • Fase Olfativa

    Intensidade media alta onde destacan as notas de froitas cítricas maduras, marmelo e flores brancas.

  • Fase Gustativa

    Entrada en boca fresca, envolvente e redonda. Cun posgusto longo.

Pedidos

Mínimo de 6 botellas

Envío

Gastos incluidos na península

Entrega

Máximo 5 días laborables

¿Tes dubidas?

Para calquer dúbida ou consulta envía un email a info@terradeasorei.com. Tamén podes chamarnos ao 986 680 868 de luns a xoves de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas ou venres de 10.00 a 13.00 horas