Albariño elegante, sútil, moderno, mineral, fresco e de acidez equilibrada, que lle outorga un postgusto longo e persistente.
Descrición do viño
Nai é un Albariño elegante, sutil, mineral, fresco, con postgusto longo e persistente, fiel á uva albariña 100% do Val do Salnés. De viñedos de mais de 20 anos que reciben a influencia mariña da Ría de Arousa e do Atlántico, outorgándolle esa salinidade de seu. Nai e señora é o nosa homenaxe ás mulleres do século XXI, independentes e con poder. Cando os poetas e artistas galegos de principios do século XX dicían “Nai e señora”, pretendían render homenaxe ás mulleres, traballadoras e garantes da independencia familiar e da sociedade galega e á súa terra: Galicia. Nai dispón tamén do formato pequeno, de 37,50 cl.
Nota de cata
- Fase Visual
Presenta unha fermosa cora amárela palliza con tonalidades verdosas. Limpo e brillante.
- Fase Olfativa
De intensidade media-alta. Aprécianse herbas aromáticas, menta, cítricos, tropicais (lichies), pera de auga , mazá.
- Fase Gustativa
Boa acidez, redondo, graxo, con moita froita.
Premios
Medalla de Prata, Baco 2018
90Colleita 2017, Guía Peñín
90Colleita 2016, Decanter
90Colleita 2016, Guía Peñín
Medalla de Prata, Baco 2018
Medalla de Ouro no Concours Mondial Bruxelles 2016 (Bélxica)
Medalla de Prata na Guía Internacional de Viños 2014
90Guía Peñín 2014
92Guía Repsol 2014
Medalla de Prata en Bacchus 2013
Medalla de Prata en Bacchus 2012