Sobre nós Original GL

Sobre nós Original GL

Adegas Terra de Asorei

TRADICIÓN E INNOVACIÓN VINÍCOLA

O logo de Terra de Asorei é un poema simbólico, constituído por seis “A” que encarnan a afouteza da nosa irmandade: Albariño, Auténtico, Adega, Arte Atlántica e Amor. Seis “A” que evocan seis familias do Val do Salnés de longa tradición adegueira e vinícola; que a principios do século XXI, uníronse nunha soa adega, co obxectivo de manterse como empresa familiar aportando o noso saber facer dende Galicia, mais adaptándonos á vez a un mundo aberto e en constante transformación.

VAL DO SALNÉS

A Adega

Adegas Terra de Asorei está equipada coa última innovación en tecnoloxía e conta cunha capacidade inicial de elaboración dunhas 400.000 botellas ó ano. Nas nosas 60 hectáreas de viñedos, cunha idade de 80 a 20 anos, ubicadas no Val do Salnés, na Denominación de Orixe Rías Baixas, cultivamos uva albariña con experiencia, ciencia e humanidade.

Dispoñer dos nosos propios viñedos significa que podemos controlar a Calidade do noso albariño dende a orixe: a terra,as cepas e as uvas, ata o seu coidado durante todo o ano a elaboración na nosa adega, ata a súa comercialización. Hoxe os nosos viños están presentes desde EEUU (Florida, California, Nova York, Chicago…), Xapón, Inglaterra, Holanda, Bélxica, Irlanda, Alemaña, Escocia …

Calidade e innovación

Asumindo novos protocolos de funcionamento empresarial, ademais do control de orixe e calidade do Consello Regulador Rías Baixas, garantimos nosa vocación pola calidade someténdonos o cumprimento das normas e garantías que supoñen estas certificacións:

  • ISO: Xestión de Calidade (9001) e Xestión Medio Ambiental (14001)
  • “Galicia Calidade”: Certificado de Calidade.

O noso obxectivo é ofrecer uns albariños con personalidade , auténticos e seguindo a tradición do Val do Salnés nas Rías Baixas. Buscando a mellor Calidade e a prezos razoables.