Terra de Asorei Selección Privada

  • Tipo de viño

    Viño branco con 12 meses de crianza en lías
  • Variedades

    100% Albariño
  • Denominación de orixe

    Rías Baixas do Val do Salnés

17,00

Albariño con crianza nas súas lías finas de 12 meses, con intensidade aromática e evolución positiva en botella. Edición limitada de 5.000 botellas.

Descrición do viño

As características da uva albariña do Val do Salnés da colleita 2020 permitiunos acadar ese equilibrio elegante e complexidade en boca, partindo dunha boa acidez, do traballo de battonage e do contacto coas súas lías durante 12 meses. Despois dun repouso en botella, sae ó mercado en xuño de 2020, 5.000 botellas numeradas.

O albariño Terra de Asorei Selección Privada simboliza a irmanda familiar da nosa adega, a súa tradición e innovación que nos vai permitir gozar dunha experiencia chea de matices organolépticos.

Con paciencia e dedicación, Lino Domínguez, Vicepresidente de Adegas Terra de Asorei, e Sofía Vilanova, Responsable de Enoloxía e Elaboración, coidan esta Selección Privada de Terra de Asorei.

Xosé Ramón Durán - Roque, Presidente de Adegas Terra de Asorei, foi a persoa que propuxo no Pleno do Consello Regulador Rías Baixas un novo concurso para honrar e poñer en valor a tradición dos albariños embotellados despois de 12 meses de elaboración, que permite evolucionar ó albariño en matices cos anos.

Nota de cata

  • Fase Visual

    Cor amarela paxiza con tonalidade intensa e suaves cores dourados.

  • Fase Olfativa

    De intensidade alta, herbas aromáticas, balsámicos, froitas maduras de oso (albaricoque, níspero), con recordos de crianza sobre lías (suaves tostados, mazapán, bizcoito) e final salino.

  • Fase Gustativa

    En boca é fresco, graso, untuoso, con moito volume, cítricos maduros e notas cremosas, longo, equilibrado e mineral.

Premios

Medalla de Ouro, Mundus Vini 2022
93Guía Peñín 2022
93Guía Peñín 2020 (España)

Pedidos

Mínimo de 6 botellas

Envío

Gastos incluidos na península

Entrega

Máximo 5 días laborables

¿Tes dubidas?

Para calquer dúbida ou consulta envía un email a info@terradeasorei.com. Tamén podes chamarnos ao 986 680 868 de luns a xoves de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas ou venres de 10.00 a 13.00 horas