Os nosos viños

Nai
27 Maio 2019
Terra de Asorei Selección Privada
4 Xuño 2019

Escumoso

O Brut Terra de Asorei é a explosión elegante das burbullas da uva albariña.

Nel podemos recoñecer unha elaboración 100% con uva albariña do Val do Salnés das Rías Baixas.

É a nosa brincadeira aposta dende Galicia por un escumoso de calidade, que segue o tradicional método champenoise.

A calidade, o zume e acidez das primeiras uvas albariñas da colleita son a base deste brut que agarda ser descuberto.

Categoría:

Nota de cata

Escumoso de Albariño elaborado co método champagnoise. Vibrante, fresco e con unha burbulla pequena e ben integrada.

Fase visual

Presenta unha cor amárela palliza con destellos verdosos e cun desprendemento de carbónico continuo, cunha burbulla fina e persistente, formando un rosario uniforme.

Fase olfativa

Ten unha nariz xuvenil e expresiva, destacando as notas de bollería e biscoito, con boa intensidade. A medida que se vai abrindo saen de fondo herbas aromáticas e froita branca.

Fase gustativa

Na boca ten a cantidade xusta de carbónico que xunto coa súa acidez faino ser vivo, fresco e vibrante, deixando no seu final.

Ficha técnica

Tipo de viño: Escumoso branco Brut.

Variedades: 100% Albariño.

D.O.: Rías Baixas (España).

Subzona: Val do Salnés.

Vinificación: O Escumoso TERRA DE ASOREI prodúcese con uvas 100% Albariño coidadosamente vendimadas en caixas de 20 kg. Fermentación a 16º C durante 21 días en tanques de aceiro inoxidable. Posteriormente fíltrase por tanxencial e realízase o tiraxe, permanecendo uns 9 meses como mínimo en rima. A continuación realízase o degüelle, etiquetado e embotellado.