Vendima manual

Os nosos viñedos


FACEMOS UNHA VENDIMA MANUAL

Viticultura humana,
social e sostible

 Dende principios do século XX o noso grupo familiar conta con viñas nos concellos do Val do Salnés, antes mesmo da existencia da Denominación de Orixe Rías Baixas en Galicia. Esta experiencia nos permite cultivar, elaborar e comercializar albariño con coñecemento, ciencia e humanidade.

Durante estes anos fixemos unha selección de cepas e parcelas ata acadar hoxe en torno a 60 hectáreas de viñedo no Val do Salnés que contan cunha idade de 15 a 80 anos. É unha viticultura humana, social e sostible.

Cultivamos os nosos propios viñedos, practicando unha viticultura sostible e respectuosa co medio ambiente, que significa controlar a Calidade do noso albariño dende a orixe: a terra, as cepas e as uvas, o seu coidado durante todo o ano, a sua vendima manual, a elaboración na nosa adega, ata a súa comercialización.

Todo este proceso está xestionado con un software especializado para a trazabilidade dende viñedo ata que as botellas saen da nosa adega, o cal nos permite diferenciar as nosas tres liñas de albariño: Terra de Asorei, Nai e 1953 Pazo Torrado.

 


VAL DO SALNÉS

A Viticultura Social