enoturismo

A Eira de Asorei

Queremos emocionarte cos nosos albariños… ven a disfrutar dun momento auténtico. Queremos que leves algo de nos, que leves no teu corazón Galicia, a nosa cultura galega.

Contarémosche a nosa Historia e vivirás a modernidade que supón Adegas Terra de Asorei.


OS NOSOS VIÑOS

Ven coñecelos

Ven a compartir con nos a autenticidade e a afouteza que representa a viticultura feita á man, humana e social do Val do Salnés, nas Rías Baixas en Galicia.

Ofrecémosche unha experiencia enoturística na que compartiremos a nosa paixón contigo e verás cómo elaboramos os nosos viños, como se transforman esos racimos de uva, coidados con tanto cariño ata converterse nos nosos albariños que elaboramos no Salnés e que hoxe teñen presencia en máis de 18 países, de EEUU a Xapón, de Canadá a Rusia, de Inglaterra a Porto Rico, de Escocia a Holanda, de Bélxica a Polonia, de Alemaña a Irlanda….

Queremos emocionarte… ven a disfrutar dun momento auténtico. Queremos que leves algo de nos, que leves no teu corazón Galicia, a nosa cultura galega.

Reserva de Visita


A NOSA ADEGA

Achégate ata aquí

Atoparasnos fácilmente, estamos na porta de entrada ó “Val do Salnés”, en San Martiño, na saída número 7 da autovía do Salnes, perfecta localización para coñecer e catar os nosos albariños: Terra de Asorei, Nai e 1953 Pazo Torrado que gozan do selo “Galicia Calidade” e Certificacións ISO de Calidade e Medio Ambiente.