• A adega

A adega

O logo de Terra de Asorei é un poema simbólico, constituído por seis “A” que encarnan a afouteza da nosa irmandade: Albariño, Auténtico, Adega, Arte Atlántica e Amor. Seis “A” que evocan seis familias do Val do Salnés de longa tradición adegueira e vinícola; que a principios do século XXI, uníronse nunha soa adega, co obxectivo de manterse como empresa familiar aportando o noso saber facer dende Galicia, mais adaptándonos á vez a un mundo aberto e en constante transformación. Esta aposta pola calidade foi tamén o paso da empresa familiar á profesional, mellorando e modernizando os nosos sistemas de elaboración dun albariño 100 % de alta calidade para crear viños albariños con personalidade e que buscan a excelencia. 

Adegas Terra de Asorei está equipada coa última innovación en tecnoloxía e conta cunha capacidade inicial de elaboración dunhas 400.000 botellas ó ano. Nas nosas 60 hectáreas de viñedos, cunha idade de 80 a 20 anos, ubicadas no Val do Salnés, na Denominación de Orixe Rías Baixas, cultivamos uva albariña con experiencia, ciencia e humanidade. Na nosa adega, elaboramos albariños auténticos que se caracterizan pola súa personalidade e calidade, e que buscan o recoñecemento universal.

Dispoñer dos nosos propios viñedos significa que podemos controlar a Calidade do noso albariño dende a orixe :a terra,as cepas e as uvas, ata o seu coidado durante todo o ano a elaboración na nosa adega, ata a súa comercialización.

Hoxe os nosos viños están presentes desde EEUU (Florida, California, Nova York, Chicago…), Xapón, Inglaterra, Holanda, Bélxica, Irlanda, Alemaña, Escocia…

Asumindo novos protocolos de funcionamento empresarial, ademais do control de orixe e calidade do Consello Regulador Rías Baixas, garantimos nosa vocación pola calidade someténdonos o cumprimento das normas e garantías que supoñen estas certificacións:

  • ISO: Xestión de Calidade (9001) e Xestión Medio Ambiental (14001)
  • “Galicia Calidade”: Certificado de Calidade.

O noso obxectivo é ofrecer  uns albariños con personalidade , auténticos e seguindo a tradición do Val do Salnés nas Rías Baixas. Buscando a mellor Calidade e a prezos razoables.

Na nosa adega tamén ofrecemos unha  experiencia enoturística no rural galego do século XXI, na  “Eira de Asorei”. Queremos que nos descubras e que te emociones, que cates os nosos albariños para que leves no teu corazón o amor por Galicia e pola súa cultura. Porque os albariños de Adegas Terra de Asorei son parte da tradición da arte atlántica.

Feader
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural